O LABORATORIO CIENTÍFICO DE 2ºA E 2ºB
Os nenos e nenas de 2ºA e 2ºB participaron en diferentes estacións de aprendizaxe nas que experimentaron con fenómenos físicos e químicos adaptados á idade e vinculados cos contidos que traballamos nas áreas de ciencias da natureza e ciencias sociais.
Algunhas das experiencias que realizaron foron o traballo con disolucións e solutos, preparación de mesturas tanto homoxéneas como heteroxéneas, empregando elementos de uso cotiá e que son familiares para os nenos e nenas. Tamén experimentaron con diferentes técnicas de separación de mesturas, tales como evaporación, decantación ou filtración.
Tamén realizaron experiencias relacionadas co ciclo da auga, empezando pola simulación do ciclo da auga nunha bolsa, e posteriormente, a xeración dunha pequena tormenta dentro dun vaso cunha vela, traballando as propiedades da auga e do osíxeno.
Durante a realización de todas estas experiencias os nenos e nenas inciáronse no método científico, analizando e aplicando as súas fases e obtendo as súas propias conclusións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario