lunes, 26 de mayo de 2025

Experimentos alumnnos 6ºA . Detectar almidón en alimentos

 

Alumnos 6ºA

OBXECTIVO: detectar a presenza de almidón en alimentos de distinta orixe. Tratábase de determinar en que alimentos detectabamos a existencia de almidón (unha subtancia de orixe vexetal).


Para facelo necesitamos un reactivo. Creámolo de maneira moi sinxela: nun vasiño botamos unha pequena cantidade de auga e de povidona iodada (o comunmente coñecido como Betadine) a partes aproximadamente iguais. Logo, en cada alimento sobre o cal vaiamos facer a proba, imos botanto unhas gotiñas da mestura.
O alimento dará positivo en almidón se o reactivo cambia de cor vermella a morada escura case negra (acontece case de inmediato).
O alimento dará negativo en almidón se o reactivo non cambia de cor e queda vermello tal e como sae do recipiente.

Alimentos sobre os que probamos: leite, iogur, peituga de pavo, xamón cocido, froitas e hortalizas (plátano, mazá, tomate, cenoria), pan, galletas, pasta e arroz. 
Importante: os alimentos non poden entrar en contacto os uns cos outros para evitar a "contaminación cruzada". Se o experimento se realiza axeitadamente e os alimentos de orixe animal non foron tratados con conservantes vexetais o resultado debera ser o seguinte (e así o confirmaron): os positivos déronse nos cereais (pan, pasta, galletas), mentres que os lácteos, froitas e hortalizas resultaron negativas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

ALUMNOS INFANTIL FOGUETE ESPACIAL

O noso foguete espacial. Tras adedicar estes meses a descubrir e coñecer os segredos do universo sentimos unha gran inquietude sobre si serí...